(I) Señora, sei eu ben o que vos van dicir todos os que me queren mal, señora, para me inimizar convosco e non por outra cousa: dinvos que vos amo, señora, e por causa diso eu non debo ser prexudicado en relación a vós.

(II) E xa non me poderei protexer desta intriga, porque vos amo moito, aínda que non me serve de nada convosco; e vós, por me facerdes tolear, nunca lles queredes, de forma ningunha, crer esta intriga sobre min.

(III) E, miña señora, quero eu facer o posíbel por ver se me podo xustificar ou se non, e direilles a todos que non mo poderán probar; mais eu sei o que eles farán: logo ante vós me acusarán de que vos amo de corazón.