(I) Señora, por Deus, que vos fixo moi fermosa, abofé, e ben falar, (pídovos) que non vos incomode que eu vos pregunte sobre isto que quería saber de vós: se me facedes mal, señora, por outra causa agás porque vos amo máis que a min nin que a ningunha outra cousa, (II) certamente, nin que aos meus ollos, e se vos minto, Deus non me perdoe; señora miña e do meu corazón, dicídeme isto, así vos valla Deus: se me facedes mal, señora, por outra causa agás porque vos amo máis que a min nin que a ningunha outra cousa, (III) e máis que nunca outro home amou muller; e se é por iso, en mal día nacín; mais, aínda que sexa así, señora, eu quero sabelo por vós, se puider: se me facedes mal, señora, por outra causa agás porque vos amo máis que a min nin que a ningunha outra cousa.