(I) Señora, que difícil me é a min hoxe ter que me afastar de vós, porque sei, claramente, o que me pasará cando eu me vaia, sen dúbida: terei, así Deus me perdoe, gran coita no meu corazón!

(II) E unha vez que afaste os meus ollos de vós, a quen amo, e non vos vexan, sei eu ben, señora, o que me acontecerá, por Deus: terei, así Deus me perdoe, gran coita no meu corazón!

(III) E se Deus non me der algún ben de vós, a quen vin para a miña desgraza, en moi triste día vos vin: se non teño de vós algunha recompensa, terei, así Deus me perdoe, gran coita no meu corazón!