(I) Houbo un tempo en que perdín todo canto ben tiven e e non pensei que (eu) puidese ter outro ben que se lle puidese equiparar; mais agora Deus xa dispuxo para min que, cando perdín o gran ben da miña dama, fun compensado por outro ben moito mellor de todos cantos vin.

(II) E cando noutro tempo perdín aquel gran ben, logo pensei que non perdería a coita que tiña no meu corazón; mais agora Deus deume unha señora tal que en valía e intelixencia e fermosura é moito mellor que cantas El quixo facer, e quixo logo que eu ficase baixo o seu poder.

(III) Cando eu perdín aquela que amaba máis que a min nin que a calquera outra cousa, non pensaba esperar outro ben; mais prougo a Deus de así mo dispor, pois, cando perdín aquela que amei, recibín compensación con outra señora moito mellor, que Deus me fai servir e desexar.

(1) A pesar do tempo en que eu me queixei a Deus, cando perdín canto desexei, de aquí en diante podo louvalo con razón, (2) porque logrou que teña por señora a mellor de cantas coñezo, en quen puxo tanto ben que non ten par.