(I) Tal sorte me quixo dar Deus, señora, en relación a vós, que non podo afastar o meu corazón de vos amar: así me ten forzado o voso amor con tal forza que non podo fuxir deses ollos, que estes meus foron ver, miña señora, para o meu mal, (II) pero ben sabe Deus todopoderoso que sempre eu tiven a vontade de vos servir porque vos sei amar máis ca ningunha outra cousa; mais é tal a miña sorte en relación a vós que non recibo ningún galardón de vós agás cando cato eses ollos que para o meu mal vin, (III) que eu vin sempre para o meu gran mal e para o gran mal destes ollos meus que vos viron, miña señora; e por iso a miña sorte me trae agora así tan coitado, así Deus me valla, por eses ollos, que non podo perder por nada a gran coita que teño.