(I) Un mal tan grande, señora, e tanta coita e tanto afán me facedes padecer e tan coitado me vexo andar que Noso Señor non me valla se eu non querería xa morrer e se (a morte) non fose máis pracenteira.

(II) Vivo por vós nunha coita tan grande desde hai moito tempo, señora, e sufro tanto mal que non podo nin volo sei describir; e por isto, Deus non me perdoe, se eu non querería xa morrer e se (a morte) non fose máis pracenteira.

(III) Tanto é o moito mal que me vén por vosa causa e tanta a coita e o afán que levo que morrerei, certamente, con tanto mal; porén, señora, que Deus non me conceda o seu ben se eu non querería xa morrer e se (a morte) non fose máis pracenteira, (1) porque é mellor para min sufrir a morte antes que vivir sempre en tal coita.