(I) Tanto é o moito que eu vos amo, señora, que nunca ningún home nacido amou tanto a unha señora; pero, desde que nacín, non puiden obter de vós, señora, (algo) polo que dixese: «Ai, miña señora, en boa hora eu nacín!». Mais quen fose vosso (vasalo), señora, en boa hora sería nado.
(II) E o día que eu vos vin, señora, en tal hora vos vin que xa nunca durmín nada nin desexei máis nada senón o voso favor, despois de que vos vin; e dígome a min mesmo: «Por que vos vin, xa que non me vale de nada?». En mal día nacín eu, porque vos vin, e vós en bo día nacestes!
(III) Pois se eu non vos vise entón cando vos vin, puidera entón ficar libre do afán; mais desde entón tampouco nunca fun gardado dunha coita moi grande, e comprendín eu desde entón que é protexido aquel que Deus protexe, pois, desde ese momento, calquera home é protexido.