(I) Tanto falan da vosa beleza e da vosa bondade, miña señora, e da vosa mesura, que por iso moitos senten o desexo de vos ver; mais non vos digan que outro vos ama de corazón senón eu, pois non saben recoñecer canto hai en vós de grande entendemento, (II) pois poucos hai que saiban entender cantos bens hai en vós, nin que saiban ter amor eles (quen non for moi entendido non o pode saber); mais hai xa moito tempo que eu vos amo, e outro razoadamente non vos pode tanto querer, (III) pois tan ben ouvín falar de vós e tanto sodes vós a mellor dona do mundo que o que non vos for ver axiña non pensa en seguir vivo; (IV) mais o grande amor (e pídovos perdón) eu volo teño, e cantos (homes) existen non saberán, como eu morro, por vós morrer.