(I) De canto é relativo ao meu corazón, sei eu tanto como isto: que me ten miña nai presa e, mentres eu na súa prisión for, non verei o meu amigo.

(II) E por isto, abofé, querería estar afastada de onde está miña nai, pois mentres eu, onde ela está, for, non verei o meu amigo.

(III) Por canto doutra vez, sen o seu permiso, me vin con el, gárdame del obstinadamente, e de hoxe en diante, mentres así for, non verei o meu amigo.

(IV) De min nin dos meus asuntos (de amor) non podo saber eu nada, pois sei moi ben de miña nai que, mentres eu na a súa custodia for, non verei o meu amigo.