(I) Eu vexo todas as cousas do mundo deixar de ser como adoitaban ser, e vexo as persoas deixar de facer o ben que adoitaban facer –tal tempo vos vén!–; mais non pode deixar o corazón do meu amigo de me a min amar.

(II) Aínda que calquera persoa afasta o corazón das cousas que ama, abofé, e calquera se vai da terra de onde é, e calquera se vai de onde lle vai moi ben, non pode deixar o corazón do meu amigo de me a min amar.

(III) Todas as cousas eu vexo mudar: mudan os tempos e muda todo o demais, muda a xente en facer ben ou mal, mudan os ventos e todas as outras cousas; mais non pode mudar o corazón do meu amigo de me a min amar.