(I) Todo aquel a quen Deus fai morar onde está a muller que ama, sei eu ben que nunca ten unha gran coita no seu corazón, a pesar de a poder ver; mais para quen en tal circunstancia ten de vivir lonxe, esta coita non ten igual, (II) porque, xa que pode estar alí onde ela está, non sabe o que é unha coita grande, porque sen dúbida ten no seu pensamento dicirlle o moito que a ama, e non pode ter unha gran coita en canto pense niso.
(III) E quen quixer preguntar por unha gran coita pregúnteme a min por ela, porque eu a coñezo, vede por quen: por min mesmo e polo meu corazón; e faima coñecer a miña señora, e a súa gran beleza, e Deus, que me fixo ir lonxe de alí (IV) para vivir sempre con gran pesar de min mesmo e para eu perder o siso, como ter que vivir sen quen eu ben sei que, onde non a vexa, nunca podo sentir pracer de ningunha cousa. Vede que coita (tan difícil) de soportar!
(1) E a quen outra tal non sufra non debedes crer o que diga dunha gran coita, se dela falar.