(I) Todos din que Deus nunca pecou, mais eu véxoo pecar mortalmente, porque o vexo desamparar os seus moitos vasalos, que comprou moi caros, pois déixaos morrer con grande amor, desamparados do ben dunha señora, e xa a min me desamparou como a estes.
(II) E non coñezo un pecado mortal maior que o que lle vexo facer a Deus, pois desampara os seus vasalos nunha coita moi grande de amor como a que eu teño; e o señor que non quere socorrer os seus vasalos cando lles é mester peca mortalmente, pois é tan alto rei.
(III) Todo señor, e mais (sendo) rei natural, debe librar da morte aos seus vasalos e valerlles cada vez que os vir estar coitados; mais Deus non é tal, porque os deixa morrer con gran amor, e, aínda que pode, non lles quere valer, e así comete un gran pecado mortal.