(I) Ti, que agora chegas de Montemor(-o-Velho), ti, que agora chegas de Montemor(-o-Velho), dime as novas da miña señora, dime as novas da miña señora, porque, se eu non recibo o seu recado, sentireime triste e coitado; e ela cometerá un gran pecado se non me acorre, pois en tal hora eu nacín que, infelizmente, a amo en van e nunca diso obtiven outra cousa (agás coita).
(II) Ti, que agora viches os seus ollos, ti, que agora viches os seus ollos, dime, por Deus, as novas da miña señora, dime, por Deus, as novas da miña señora, porque, se eu non recibo o seu recado, sentireime triste e coitado; e ela cometerá un gran pecado se non me acorre, pois en tal hora eu nacín que, infelizmente, a amo en van e nunca diso obtiven outra cousa (agás coita).