(I) Cando eu marchei de onde marchei, logo eu apartei estes meus ollos de ver, e, por Deus, canto ben tiña perdín, porque o meu ben todo era ver; e máis vos quero dicir: aínda que vexo, nunca de novo vin, (II) porque eu non vexo, aínda que vexo: canto eu vexo non me vale de nada, porque perdín a luz por iso, para non ver a quen me deu esta coita que eu hoxe teño, pois xa nunca verei se non vexo o seu semblante, (III) porque xa ceguei cando ceguei: sen dúbida ceguei eu logo entón, e xa Deus nunca me perdoe se ben vexo nin se ben teño; mais, se Deus me axuda e cedo me quere tornar a onde eu vin ben, ben verei.