(I) Cando non vos vexo, señora, non teño uso da razón nin sequera teño capacidade de decisión nin sei que facer nin me sinto a gusto, agás pensando en como vos podería ver, e, despois de vos ver, teño unha coita maior que a que tiña antes, señora, porque teño (II) que deixar de facelo; e quen viu nunca sufrir unha coita tal como a que eu sufro, pois perdo a razón e o sono? E todo isto me ocorre, señora, por vos ver e non por outra cousa, e, despois de vos ver, teño unha coita maior que a que tiña antes, señora, porque teño (III) que deixar de facelo; e por iso sei que non perderei a coita mentres estiver vivo, porque, cando vos non vexo, miña señora, perdo este corazón por vos ver, e, despois de vos ver, teño unha coita maior que a que tiña antes, señora, porque teño (1) que deixar de facelo, miña señora, e ben sei que de unha destas coitas morrerei.