(I) Unha doncela amei eu moito, meus amigos, así Deus me perdoe, e agora xa este meu corazón anda perdido e louco por unha dona, así Deus me valla, que despois viron estes ollos meus, que se me lle asemella (á doncela) moito máis que ningunha outra cousa.
(II) Porque a doncela nunca máis verei, meus amigos, mentres eu viva, por iso quero eu moito amar esta dona de que vos falei, que me semella a doncela que vin, e a dona servirei desde agora pola doncela que eu moito amei.
(III) Porque da dona sei eu, meus amigos, así vexa pracer, que no seu parecer semella moito a doncela, e por iso me prace servila, aínda que é para o meu mal: servireina, e non servirei outra, pola doncela que foi a miña señora.