(I) Unha pastora moi ben feita pensaba no seu amigo e estaba, ben volo digo, polo que eu vin, moi coitada; e dixo: «De aquí en diante nunca se debe fiar nada do seu namorado ningunha muller namorada, xa que o meu me enganou».

(II) Ela traía na man un papagaio moi fermoso que cantaba moi ben, pois entraba a primavera; e dixo: «Amigo garrido, que poderei facer cos meus amores, pois tan en van me enganastes?». E caeu entre unhas flores.

(III) Alí estivo xacendo unha boa parte do día, sen fala, e ás veces acordaba e ás veces desmaiábase; e dixo: «Ai Santa María, que vai ser de min agora». E o papagaio dicía: «Ben, polo que eu sei, señora ».

(IV) «Se me queres salvar» dixo a pastora , «di a verdade, papagaio, por caridade, porque esta vida é a miña morte». E el dixo:«Senhor plena de ben, non vos queixedes, pois o que vos serviu erguede o ollar e verédelo».