(I) Unha pastora queixábase moito o outro día, e falaba consigo mesma e choraba e dicía, por causa do amor que a forzaba: «Por Deus, vinte en grave día, ai amor!».

(II) Ela estábase queixando como muller con gran coita e que desde que nacera non estaba afeita ao sufrimento; por iso dicía chorando: «Ti non es senón a miña coita, ai amor!».

(III) Os amores dábanlle coitas que eran semellantes á morte, e deitouse entre unhas flores e dixo coa forte coita que tiña: «Mal che veña por onde fores, pois non es senón a miña morte, ai amor!».