(I) – Quero facerlle unha pregunta ao rei, que adoita vestirse ben e con elegancia: por que foi el usar unha pel vella nun bo pano? E queremos rir eu e Gonzalo Martĩiz, que é home moi aposto, abofé, e tamén quereremos comentar o asunto.
(II) – García Pérez, vós podedes criticar: nunca errei, sen dúbida, en querer usar unha pel vella na corte nin sequera en ocultala; pero ben a defenderei de tanta crítica: nunca me agradou usala na corte, mais estas guerras fannos andar dun lado para outro.
(III) – Señor, moi ben vos librastes das miñas críticas pola pel vella que vos vin traer posta; e xa que vos queredes desfacer dela, se me crerdes, faredes deste xeito: mandade axiña isto, sen dúbida: botádea logo nun vertedoiro, pois nunca vin unha pel peor ca esta.
(IV) – Garcia Perez, non sabedes dar bos consellos, polo que vos ouvín, xa que me aconsellades tirar en tal lugar esta pel, pois se alí o fixese, faría moi mal; e coido que é moito mellor darlla aquí a un cabaleiro vilán.