(I) Un día vin a miña señora, que tal amor me deu que non direi en ningures quen é (ela); por nada do mundo non ouso eu dicir por quen me vén canto mal me vén.
(II) Pregúntanme cada día polo que eu non ousaría dicir, pois de calquera forma teño medo da morte, e por iso non ouso eu dicir por quen me vén canto mal me vén.
(III) Pregúntanme en segredo para que lles diga a verdade sobre iso; mais eu, con gran lealdade e por non obrar erradamente, non ouso eu dicir por quen me vén canto mal me vén.
(IV) Ándanme así preguntando para que lles diga por que ando triste, e eu, por San Servando, co pavor que teño de alguén, non ouso eu dicir por quen me vén canto mal me vén.