(I) Vaise o meu amigo vivir a outra parte sen min, e, por Deus, amiga, no meu corazón teño por iso, porque agora marcha, unha pena tan grande que non se pode expresar, porque llo prohibín, e teño toda a razón.
(II) Prohibinlle que se fose de aquí, pois dese xeito perdería todo o meu ben, e agora vaise e faime unha gran traizón; e de agora en diante non sei que será de min nin vexo outro final, amiga, senón a morte.