(I) Vedes, amigo, o que hoxe ouvín dicir de vós, así Deus me perdoe: que amades outra, e que xa non (me amades) a min; mais, se é verdade, vingareime así: esforzareime en non vos querer ben, e pesarame a min máis ca outra cousa. 

(II) Ouvín dicir (que), por me causar pesar, amades outra, meu traidor; e se é verdade, polo Noso Señor, direivos como me hei de vingar: esforzareime en non vos querer ben, e pesarame a min máis ca outra cousa.

(III) E, se eu sei que é verdade isto que me din, por Deus, chorarei moito destes ollos meus e direivos como me vingarei: esforzareime en non vos querer ben, e pesarame a min máis ca outra cousa.