(I) Vede a que acordo eu querería chegar, irmá, se o puidese arranxar: que lle fixese a meu amigo pracer e que non lle causase a miña nai pesar, e, se Deus me quixese isto dispor, ben sei que entón eu moi leda estarei.
(II) E tal acordo érame moi necesario, se Deus dispuxese que o tivese, e que canto o meu amigo quixese que mo mandase miña nai facer, e, se Deus me quixese isto dispor, ben sei que entón eu moi leda estarei.
(III) E, se Noso Señor me arranxa esta situación, será grande o meu ben, que eu dea mostras de amor ao meu amigo e que miña nai me rogue antes iso, e, se Deus me quixese isto dispor, ben sei que entón eu moi leda estarei.