(I) Vede a gran descortesía, amiga, do meu amigo: non veu falar comigo nin quixo Deus nin a miña fortuna que estivese el aquí o día que acordou comigo cando se ía. 

(II) Como eu tiña decidido facer canto el quixese, amiga, apenas viñese, non quixo Deus nin a miña desgraza que estivese el aquí o día que acordou comigo cando se ía.

(III) E eu estou moi triste por iso, aínda que vos diga outra cousa, porque non quixo Deus, amiga, nin a miña escasa fortuna que estivese el aquí o día que acordou comigo cando se ía.