(I) Vede, señora, no momento e lugar en que eu me separei de vós e vos non vin despois, alí teño eu o corazón: en vós, señora, e noutra cousa non.
(II) No momento e lugar en que eu vos vin estar fermosa e me tiven que afastar de vós, alí teño eu o corazón: en vós, señora, e noutra cousa non.
(III) No momento e lugar en que eu vos vin ir, fermosa, e me tiven que separar de vós, alí teño eu o corazón: en vós, señora, e noutra cousa non.