(I) Viñéronme os meus amigos dicir dunha dona que lle pesaba de corazón porque eu a amo, e alén diso que tamén lle pesa que a sirva; dixen eu: «Amigos, ben pode ser así, mais quer lle pese, quer lle praza, eu xa non podo deixar de facelo».
(II) E dinme, porque me chamo por seu, que lle pesa e que me quere mal, e (considero que) moi sen motivo lle pesará por iso; e, amigos, direivos a verdade: aínda que sei que lle resulta moi molesto, quer lle pese, quer lle praza por iso, nunca deixarei de facelo, senón que morra.
(III) E halle pesar pola gran coita que me fai levar e porque ando louco por ela, mais non pensa en min nin no meu mal nin no meu grande afán, e ben vexo eu que por iso lle causo pesar: quer lle pese, quer lle praza, agora así será xa, certamente, contra a miña vontade.