(I) Vin eu, señora, a vosa fermosura para mal de min e destes ollos meus, e non quixo despois a miña ventura nin Deus nin vós que eu puidese perder a coita; e xa que vós non me queredes valer, breve creo que será a miña vida, xentil dona, porque non vos vexo, tanto vos vexo cumprida de amor.

(II) Desde que vin a vosa fermosura, nunca despois [...]

Bela, doce cousa, prégolle a Deus que vos praza que teñades mercé de min, para que eu sinta gozo.

(III) Así me ten en poder o voso amor que sempre penso en como poderei obter o voso ben, que non obterei, desgrazadamente, en canto eu estiver vivo, mais diso recibo conforto e pracer.

Xentil dona, tanto me é querida que a miña vista está atenta a cando verei a vosa cara.

E isto é o que me ampara de Amor: o gran gusto que teño de servir; se non, aló el me matara.