(I) Vinvos, madre, falar hoxe aquí co meu amigo e tiven por iso un gran pracer, porque o vin erguer ledo de cabo de vós, e penso que Deus me fai ben niso, pois, xa que el se foi moi ledo de aquí, non pode ser senón por ben de min.

(II) Ergueuse ledo e riu un chisco –o que xa hai moito que non facía–; mais, xa que isto pasou esta vez, eu fico leda por iso, así Deus me dea ben, pois, xa que el se foi moi ledo de aquí, non pode ser senón por ben de min.

(III) El puxo os seus ollos nos meus entón, cando o vistes que se despediu de vós, e virouse cara a vós ledo e riu, e por iso sinto pracer no corazón, pois, xa que el se foi moi ledo de aquí, non pode ser senón por ben de min.

(1) E aínda que eu non sei nada do falado, de canto vin, madre, sinto por iso un gran gozo.