(I) Vistes, filla, estoutro día cando vos dixen que eu vía con moito agrado que fósedes ver o voso amigo que morría? Non volo dixen polo seu ben, senón porque alguén que o viu me dixera que xa non se salvaría.
(II) Por outra razón non vos mandaría velo, mais ouvín dicir a quen o viu así xacer que xacía tan coitado que non se salvaría por nada; mandéivolo ir ver por iso, polo mal que por causa del vos viría.
(III) E porque non podería falarvos nin coñecervos nin sentir o gozo da vosa presenza, aínda que moito vos amaba, mandéivolo ir ver entón por isto, non por outra razón, filla, por Santa María.