(I) –Vistes, madre, o escudeiro que me había levar consigo? Mentinlle e vaise enfadado comigo, miña nai, ben volo digo: madre, namorada me deixou, madre, namorada me foi deixar, madre, namorada me deixou.
(II) Madre, vós, que me mandastes que lle mentise ao meu amigo, que consello me daredes agora, que non o teño comigo? Madre, namorada me deixou, madre, namorada me foi deixar, madre, namorada me deixou.
(III) –Filla, douvos por consello que, cando el vos vexa, lle fagades todo aquilo polo que se sinta satisfeito de vós.
–Madre, namorada me deixou, madre, namorada me foi deixar, madre, namorada me deixou.
(IV) –Pois non podedes, miña filla, librarvos de o agasallar, desde agora eu vos advirto que fagades o que vos diga.
–Madre, namorada me deixou, madre, namorada me foi deixar, madre, namorada me deixou.