(I) Vistes, madre, o que dicía que estaba por min coitado? Pois non me envía recado, entendo eu do perxuro que xa non teme a miña ira, porque, se non, nin de noite nin de día, a non ser que o mandase eu, nunca de aquí se iría. 

(II) E vistes cando se ía do meu lado contra a miña vontade e xurando que por min sufría penas e aflición? Todo era mentira, porque, se non, nin de noite nin de día, a non ser que o mandase eu, nunca de aquí se iría.

(III) E por que motivo debería muller crer a home ningún? O que así morría polo meu pracer xa suspira por outra, porque, se non, nin de noite nin de día, a non ser que o mandase eu, nunca de aquí se iría.

(1) Mais, Deus, quen o pensaría: vivir el tan afastado de onde puidese ver os meus ollos!