(I) Amiga, vistes vós o meu amigo, que xuraba que sempre faría por min todo o que lle eu dixese? Foise de aquí e non falou comigo: aínda que lle dixen, cando se ía, que non se fose, seguiu o seu camiño.

(II) E por onde vaia irá como quen xurou en falso, amiga, de todo o que me dixo, porque me xurou que non se iría de aquí, e foise sen o meu permiso: aínda que lle dixen, cando se ía, que non se fose, seguiu o seu camiño.

(III) E non podo acougar sen lle dicir o gran dano que me fixo, pois, aínda que me fixera firme promesa, foise de aquí contra a miña vontade, amiga: aínda que lle dixen, cando se ía, que non se fose, seguiu o seu camiño.

(1) E, se el me facía moi gran dano, xúlgueme con el Santa María.