(I) Vivo coitado en tal coita de amor que nin sequera dormen estes ollos meus e rogo moito a Deus pola miña morte; e unha cousa sei da miña señora: non sabe o mal que ela me fai pasar nin a gran coita en que me fai vivir.
(II) Vivo atormentado e nin sequera durmo nada, e cavilo moito e choro de pesar porque me vexo moi aflixido andar; mais a miña señora, que coñece todo ben, non sabe o mal que ela me fai pasar nin a gran coita en que me fai vivir.
(III) E, meus amigos, nacín en aciago día por tanta coita que eu sempre levei e porque no mundo (aínda) vivirei máis, pois a miña señora, que eu vin para a miña desgraza, non sabe o mal que ela me fai pasar nin a gran coita en que me fai vivir.
(IV) E, amigos meus, eu non teño forza para soportar a gran coita en que vivo.