(I) Prohibístesme vós, señora, que nunca vos dixese nada de canto sufrimento me vén por causa de vós; mais dicídeme unha cousa que quero saber: por Deus Noso Señor, a quen lle hei dicir o moito mal que sufro e sufrín por vós senón a vós, señora?

(II) Ou a quen lle direi o meu mal se eu non volo dixer a vós, pois calar non me serve de nada e dicírvolo tampouco me vale? E xa que tanto mal sufro así, se non falar convosco así, por quen saberedes do meu mal?

(III) Ou a quen lle hei dicir o pesar que vós me facedes sufrir se non volo for dicir a vós, que me podedes dar consello niso? E por iso, así Deus vos perdoe, coita do meu corazón, a quen lle direi o meu pesar?