(I) –(De) vós, que adoitades morar na corte, eu quería saber acerca deses privados [que moran na corte] se a privanza lles vai durar moito, pois non os vexo dar nin gastar, antes os vexo coller e pedir, e o que non lles quere dar ou servir non pode conseguir nada do rei.
(II) –Deses privados non sei dicir máis, agás que lles vexo moi gran poder e gañaren grandes rendas e casas, e vexo a xente toda empobrecer e saír da terra por causa da pobreza; e ao rei agrádalle ouvilos, mais eu non sei que lle van aconsellar.
(III) –Sodes da corte e non sabedes nada, pois a todo home lle é preciso dar cando vén á corte por conseguir algo, porque se non quere dar é por ignorancia, pois na corte um home non obtén (o que procura) por ningunha outra cousa se non se esforza en dar e noutras cousas, porque os privados queren que lles dean.