(I) Vós, que nos vosos cantares vos chamades «meu amigo», crede ben que eu non lle dou ningún valor a tal finximento; e por isto, señor, eu vos mando que de aquí en diante fagades toda canta presunción de min quixerdes facer, (II) pois leve o demo a importancia que eu lle dou a que o mentireiro se vanglorie de min, pois nin me vai nin me vén. E por isto vos mando eu, señor, que de aquí en diante fagades toda canta presunción de min quixerdes facer, (III) pois a min non me quita nin me dá nada o feito de fachendear de min sen motivo aquel a quen nunca lle fixen máis que mal; e por iso, señor, vos mando xa agora que de aquí en diante fagades toda canta presunción de min quixerdes facer, (1) e seguide como estades comigo, e gabádevos ben de aquí en diante.