(I) O voso xuramento de fidelidade, amigo, non vale nada, pois, con certeza, tivestes que facer sempre o que eu quixen, e non outra cousa, e por rogo nin por mal nin por ben nin sequera podo impedir a vosa partida.

(II) Xa nunca vos hei crer cousa ningunha, porque sempre tivestes que facer por min todo o que eu mandei, e mentídesme así, e, aínda que emprego nisto todo o meu poder, nin sequera podo impedir a vosa partida.

(III) Para que non houbese entre nós tal disputa como hai e que sempre vos foi necesaria, debiades por min facer algo, e, aínda que vos roguei mil veces xa, nin sequera podo impedir a vosa partida.