(I) –Do voso amigo, que vos serviu sempre, dicide, amiga, que vos mereceu, xa que agora se inimizou convosco. Se foi pola vosa culpa, non foi ben.
–Non sei, amiga; din que escoitou dicir non sei que, e morre por iso.
(II) –Non sei, amiga, que foi ou que é ou que será, pois sabemos que non vos faltou nunca o voso amigo, e aquí todos están moi sorprendidos por iso.
–Non sei, amiga; alí onde el está escoita novas con que morre así.
(III) –Vós, amiga, non podedes evitar que non teñan por cousa inxusta que el vos sirva sempre e que vós lle fagades mal; e que diredes se se perde así?
–Non sei, amiga; el sempre quere escoitar novas de pouco proveito para morrer.