(I) O voso amigo quérevos dar as súas prendas, amiga, e quérovos dicir outra cousa: dinme que llas queredes aceptar; e dicídeme agora, por Deus, unha cousa: se lle aceptardes as súas prendas ou outra cousa, que diredes para non lle facer ben?
(II) Vós non seredes tan parva (para pensar) que, se lle aceptades algo do seu, non teñades que lle facer algún ben; e véñovos agora preguntar por iso: se lle aceptardes algo do seu, que diredes para non lle facer ben?
(III) El porá moito empeño e fará o correcto para que llas aceptedes cando volas der, e vós aceptarédesllas ou non; e dicide agora cal é o voso pensamento: se lle aceptardes canto el vos der, que diredes para non lle facer ben?
(1) Ou ben aceptade canto vos el der e facede canto ben el quixer, (2) ou con razón non aceptedes ningunha cousa nin lle fagades nunca ningún ben.