(I) Voume eu, señora, e quérovos deixar encomendado este meu corazón para que fique convosco, e obraredes ben, señora, se algunha vez vos lembrardes del, pois el nunca se separará de vós; e que será de min, por Deus, señora, xa que non levo o corazón comigo?
(II) Xa que o meu corazón fica convosco, ai miña señora, e dado que me vou de aquí, lembrádevos sempre [del] e obrarades niso con mesura, pois el nada sabe amar tanto como a vós, señora; e dado que fica convosco con tanto pracer, non o debedes desamparar.
(III) E que vos praza, pois convosco quere estar o meu corazón e nunca se apartar de vós, señora, nin ir a ningún outro lugar, senón que quere, señora, vivir sempre convosco, pois nunca soubo amar outra cousa; e acordádevos del, señora, polo gran ben e pola gran mesura que vos Deus quixo dar.