389 [= Tav 70,1]
A bõa dona, por que eu trobava

A bõa dona, por que eu trobava
e que non dava nulla ren por mí,
pero s’ela de min ren non pagava,
sofrendo coita sempre a servi
e ora ja por ela ‘nsandeci,
e dá por mí ben quanto x’ante dava.
E pero x’ela con bon prez estava
e con [o] bon parecer que ll’eu vi
e lle sempre con meu trobar pesava,
trobei eu tanto e tanto a servi
que ja por ela lum’e sén perdi,
e anda-x’ela por qual x’ant’andava:
por de bon prez, e muito se preçava;
e dereit’é de sempr’andar assi,
ca, se ll’alguen na mia coita falava,
sol non oia nen tornava i;
pero por coita grande que sofri
oimais ei dela quant’aver coidava:
sandece e morte que busquei sempre i,
e seu amor me deu quant’eu buscava.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscrits


A 232, B 422, V 34

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 452-453); Nobiling (2007 [1907]: 73 [= LPGP 438]); Littera (2016: I, 512).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 20); Braga (1878: 7); Carter (2007 [1941]: 134-135); Machado & Machado (1950: II, 241); Domingues (1992: 28); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 389).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 75-76); Vasconcellos (1959: 25-26); Torres (1977: 308); Alvar & Beltrán (1989: 262).

Variantes manuscrites


1 bõa] boa BV   2 nulla] uulha B   3 min] mj B : mi V; pagava] plagaua B   4 sempre] semp̄re A   5 ela ‘nsandeci] el en sandeci B : el ensandeci V   6 quanto x’ante] quantante BV   7 bon] om. BV   8 parecer] patecer   9 lle] lhi BV; con meu] comeu B   10 tanto e] tāte BV   12 x’] om. BV   13 preçava] p’caua B : p̄gaua   14 dereit’é de sempr’andar] dereit e (dandar) de sempr andar A : deyte de semp̄ adar V   17 por coita] q̄ coita BV   18 coidava] cuydaua BV   19 sandece e] Sandiçe B : Sandice V; sempre i] sempry BV   20 me] mi BV; deu] den B; eu] en B

Variantes éditoriales


3 min] mi Nobiling, Littera   8 [o] bon parecer] [tan] bon parecer Nobiling : [mui] bon parecer Michaëlis : [tam] bom parecer Littera; que] qual Nobiling, Littera   9 lle] lhi Nobiling, Littera   10 tanto e] tant(o) e Michaëlis : tant’e Nobiling, Littera   13 preçava] prezava Michaëlis, Nobiling   18 coidava] cuydava Nobiling : cuidava Littera   19 sandece e] sandec’e Nobiling, Littera : sandec(e) e Michaëlis; sempre i] sempr(e) i Michaëlis : sempr’i Nobiling, Littera   20 me] mi Nobiling

Paraphrase


(I) A dama por quen eu trobaba e a quen eu non lle importaba nada, aínda que ela non sentía agrado por min, sufrindo coita sempre a servín e agora xa por ela ensandecín, e a ela impórtolle tanto como lle importaba antes.

(II) E aínda que ela gozaba de boa fama e do fermoso semblante que eu lle vin e sempre lle causaba pesar o meu trobar, trobei eu tanto e tanto a servín que xa por ela perdín a luz e o siso, e ela anda como antes andaba: (III) con boa fama, e moito se prezaba (diso); e é xusto que ande sempre así, porque se alguén lle falaba da miña coita nin sequera ouvía nin tornaba (a falar) diso; mais pola coita grande que sufrín, de hoxe en diante teño dela canto pensaba ter: (1) loucura e morte que busquei sempre alí, e o seu amor me deu canto eu buscaba.
 

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10’a 10b 10b 10’a + 10b 10’a (= Tav 79:8)

Encontros vocálicos: 10 tanto‿e; 16 o·i·a; 19 sandece‿e, sempre‿i

Notes


Texte
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha copulativa e nas dúas primeiras estrofas, véxase nota á cantiga 74.

  • 5

    O Cancioneiro da Ajuda presenta a elisión da vogal inicial en ensandecer (véxase nota a 6.4), aínda que a lección por el’ensandeci de BV tamén sería aceptábel.

  • 6

    Nótese a ausencia do expletivo xe (tamén no v. 12) en BV.

  • 7

    A locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).

  • 8

    Dado que no corpus a secuencia lhe eu e lhi eu conforma sempre unha sinalefa (43.20, 724.13, 1173.8, 1199.16), a hipometría do verso pode resolverse introducindo a forma do artigo determinado, solución por que optamos, ou ben considerando a existencia dunha forma bisilábica bõ[o], aínda que esta só se rexistra normalmente en posición tónica e non está presente en Guilhade. Cfr. Mais forçaron-mi os olhos meus / e o bon parecer dos seus (13.13). Neste sentido, as opcións de Michaëlis (con [mui] bon parecer) e de Nobiling e mais Littera (con [tan] bon parecer) son máis interventivas.

  • 12-13

    A expresión andar por de bon prez ‘ser, considerarse de bon prez’ é paralela a meter por de mal conhocer (véxase 1513.17) e ás máis frecuentes teer por de bon/mal sén (71.15-16, 952.21, 977.1).

  • 13

    A forma prezava (<preçaua> A, <p’caua> B, <p’gaua> V) de Michaëlis (de onde pasaría a Nobiling) debe ser un lapso de imprenta, pois non é citada no correspondente glosario1 .

  • 14

    Unha outra puntuación que ligue sintacticamente andar (v. 14) con preçar (v. 13) modifica a sentido destes versos:
      por de bon prez, e muito se preçava,
      e dereit’é, de sempr’andar assi...

  • 17

    A opción de BV, coa utilización da locución concesiva pero que obrigaría a unha forzada lectura Pero que coita grand’ é que sofri, / oimais ei dela quant’aver coidava.

  • 19

    A voz sandece (vs. sandice, cfr. tamén sandez) é voz sempre transmitida polo Cancioneiro da Ajuda, pois sandice é maioritaria e típica dos apógrafos italianos. Así, por exemplo, en 386.4, 15, 16 aparece sandece en A fronte a sandice en BV, e, mesmo, en B e V se producen erros obvios, xa que sandice aparece en rima con -ece (merece, crece, parece) en 1135.1 (BV), 1435.23 (V) e 1535.17 (B).

  1. ^

    Só recolle a dubidosa forma prezar, corrección do orixinal prazer de 988 Pero da Ponte [B985b/V573], v. 9.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé