[27/09/2025]
Publicación de cantigas: 1349-1351 (Fernan Rodriguez de Calheiros)
[23/09/2025]
Organizado por Universo Cantigas, ao longo dos días 2 e 3 de outubro de 2025 celebrarase na Universidade da Coruña (Salón de Graos. Facultade de Filoloxía) o Coloquio Internacional Editar Cantigas (de escarnio e mal dizer) no século XXI.
Este Coloquio enmárcase no proxecto Glosario crítico da poesía medieval galego-portuguesa. V. Edición crítica dixital das cantigas de escarnio e maldizer (cód. PID2022-137790NB-I00), subsidiado polo e apoiado polo Grupo ILLA da Universidade da Coruña.
[16/09/2025]
Publicación de cantigas: 1346-1347 (Meen Rodriguez de Briteiros)
[02/07/2025]
Publicación de cantigas: 1344-1345 (Joan Fernandez d'Ardeleiro)
[29/04/2025]
Universo Cantigas inicia a publicación das cantigas da sección de escarnio e mal dizer coa edición das cantigas de Estevan da Guarda: cantigas 1316-1343.
[22/04/2025]
Presentación na Universidade da Coruña do volume Universo Cantigas. I. Cantigas de Amor
[07/04/2025]
Este primeiro volume recolle a edición das 704 cantigas de amor galego-portuguesas transmitidas polos cancioneiros medievais. O texto crítico de cada cantiga vai acompañado dunha paráfrase en galego actual, ademais da indicación das fontes manuscritas, das edicións anteriores existentes e dun código QR que liga cada poema coa súa edición dixital completa na web Universo Cantigas. En datas próximas, sairá o segundo volume, coas Cantigas de Amigo.
[09/12/2024]
Coa versión en catalán, Universo Cantigas cerra o ciclo de versión dos seus principais elementos ás linguas de UC: portugués, inglés, italiano, castelan frrancés e catalán.
[16/10/2023]
O Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, a través da Agencia Estatal de Investigación, resolveu positivamente a concesión de subvención para unha nova fase (trianual) de Universo Cantigas: a edición crítica das cantigas de escarnio e de maldizer (cantigas 1.316-1.683) [cód. PID2022-137790NB-I00].
[16/12/2022]
Coa cantiga de Meendinho (UC 848) culmina a publicación dos textos integrados na sección das cantigas de amigo [641-1.315].