I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 542 [= LPGP 979]); Fernández Graña (2007: 389); Littera (2016: II, 571).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 163); Machado & Machado (1960: VII, 58); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 441).
2 vos] uos A 6 vos non pesar] uos non pessar A 8 vos] uos A 9 -vos-] uos A 12 vos non pesar] uos non pessar A 13 vos] uos A 14 vos] uos A 18 vos non pesar] uos non pessar A 20 vos] uos A
2 vos] vos Michaëlis : vós Fernández Graña 6 vos] vos Michaëlis 8 vos] vos Michaëlis 9 vos] vos Michaëlis 12 vos] vos Michaëlis 13 vos] vos Michaëlis 14 vos] vos Michaëlis 18 vos] vos Michaëlis 20 vos] vos Michaëlis : vós Fernández Graña
(I) Agradezo a Deus, miña fermosa señora, que me vos mostrase, e, pois vexo que se lembrou de min, en canto eu estiver vivo non quero tomar outra señora excepto a vós, se non vos pesa.
(II) Se podo ter iso de vós de modo que non vos pese, sempre serei o voso vasalo e (sempre) vos servirei, pois, mentres eu viva no mundo, non quero tomar outra señora excepto a vós, se non vos pesa.
(III) Tanto ben vos fixo Deus que, se vos prouguer, desde este momento serei o voso vasalo, e vós de min seredes señora, e por iso non quero tomar outra señora excepto a vós, se non vos pesa, (1) porque eu non podo nisto obrigar a Deus, que tanto me fai amarvos.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8c 8c (= RM 160:394)
Esta cantiga é considerada anónima.
No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <pessar> neste segundo verso do refrán (vv. 6, 12 e 18), véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4, 308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9, 439.4 e 10), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.