1294 [= RM 93,1]
A do mui bon parecer

A do mui bon parecer
mandou lo adufe tanger.
– Louçana, d’amores moir’eu.
A do mui bon semelhar
mandou lo adufe sonar.
– Louçana, d’amores moir’eu.
Mandou lo adufe tanger,
e non lhi davan lezer.
– Louçana, d’amores moir’eu.
Mandou lo adufe sonar,
[e] non lhi davan vagar.
– Louçana, d’amores moir’eu.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscrits


B 1277, V 883

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 440 [= LPGP 616]); Lopes (1963: 62); Cohen (2003: 512); Littera (2016: II, 90).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 301); Braga (1878: 165); Machado & Machado (1956: V, 389-390); Monteagudo (1998b: 142); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 46); Nemésio (1961 [1949]: 171); Fernández Pousa (1951: 107); Bernárdez (1952: 130); Varela Jácome (1953: 42); Nunes (1959: 351-352); Álvarez Blázquez (1975: 114-115); Landeira Yrago (1975: 76); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 166); Arias Freixedo (2003: 601-602); Gutiérrez (2023: 29, 83).

Variants manuscrites


1 mui] (meu) muy B   3 louçana] loucana B   8 lezer] (uagar) lezer V   9 moir’eu] muyreu V   11 davan] daua B   12 louçana] loucana B

Variants editorials


5 sonar] sõar Nunes   10 sonar] sõar Nunes

Paràfrasi


(I) A do moi fermoso parecer mandou o adufe tanxer. 
–Louzá, de amores morro eu.

(II) A do moi bo semblante mandou o adufe soar. 
–Louzá, de amores morro eu.

(III) Mandou o adufe tanxer, e non lle daban sosego. 
–Louzá, de amores morro eu.

(IV) Mandou o adufe soar, e non lle daban vagar. 
–Louzá, de amores morro eu.

Mètrica


Esquema métrico: 4 x 7a 7a 8B (= RM 26:109)

Encontros vocálicos: 2 loadufe; 5 loadufe; 7 loadufe; 10 loadufe

Notes


Text
  • *

    Interpretamos que en cada estrofa intervén unha voz narradora en terceira persoa, que describe a escena nos versos do corpo estrófico, e unha voz lírica, a da moza que declara o seu desexo amoroso, no refrán.

  • 2

    Neste verso (e tamén nos vv. 5, 7 e 10 debido á repetición paralelística) atéstase a manutención de /l/ na forma do artigo en posición posvocálica, característica das cantigas de amigo, que procura unha retórica arcaizante (véxase Ferreiro 2008b, 2013), igual que acontece noutras cantigas (587, 609, 704, 735, 781, 825, 864, 891, 892, 903, 9691130, 1166, 1167, 1169, 1201, 1206, 12811297, 1299, 1304 e 1314) e do mesmo xeito que sucede coas correspondentes formas pronominais.

    O adufe é un pandeiro (cuadrangular, de sonoridade grave).

  • 3

    Do mesmo modo que acontece coa forma lo do artigo tras vogal (véxase nota ao v. 2), nesta cantiga transparecen as formas louçana (no refrán) e sonar (vv. 5, 10), que, como outras que se rexistran con frecuencia nas cantigas de amigo, mostran a conservación de -n- intervocálico (avelana, Granada, manhana, venia etc.), cun teor arcaizante, propio deste xénero (véxase Ferreiro 2008b). Con todo, estas formas aínda poden aparecer, se ben esporadicamente, noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat