[last revised: 30/01/2024]Print

308 [= Tav 147,2]
A guarir non ei per ren

A guarir non ei per ren
se non vir a que gran ben
quero, ca perço o sén;
poi-la non vejo, me ven
tanto mal que non sei quen
mi-o tolla, pero mi al den;
mais Deus mi-a mostre por én
cedo, que a en poder ten.
E, se eu mia sennor vir,
a que me toll’o dormir,
se eu ousasse, pedir-
-ll’-ia logo que guarir
me leixass’u a servir
podess’eu; mais consentir
non mi-o querra nen oir,
mas leixar-m’a morrer ir.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 

Manuscripts


A 197, B 348

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 382); Barbieri (1980: 61-62 [= LPGP 909-910]); Littera (2016: II, 473).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 127); Carter (2007 [1941]: 115-116); Machado & Machado (1950: II, 109); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 308).

Manuscript variants


1 non] no A   3 perço] perco B   6 mi al] mal B   8 a] om. B   9 eu] en B   10 me] mj B   11 ousasse] oussasse A   15 querra] queiria B   16 mas leixar-m’a morrer] Mays leixarma moirer B

Editorial variants


3 perço] perco Barbieri   10 me] mi Barbieri   16 mas leixar-m’a] mais leixar-m’-á Michaëlis, Littera, mays leixar-m’á Barbieri

Paraphrase


(I) Non sobrevivirei eu de modo ningún se non vexo a que tanto amo, porque perdo a cordura; dado que a non vexo, sufro tanto mal que non sei quen mo quite, aínda que me ofrezan outra cousa; mais Deus ma mostre axiña por iso, que a ten no seu poder.

(II) E, se eu vise a miña señora, a que me tira o sono, se eu ousase, pediríalle entón que me deixase vivir onde eu a puidese servir; mais non mo quererá consentir nin ouvir, senón deixarme ir morrer.
 

Metrics


Esquema métrico: 2 x 7a 7a 7a 7a 7a 7a 7a 7a (= Tav 5:1)

Encontros vocálicos: 6 mi-‿o, mi‿al; 7 mi-‿a; 8 a‿en; 15 mi-‿o

Notes


Text
  • 3

    A raíz perç- na P1 do presente indicativo e no presente de subxuntivo, produto da evolución regular da base latina perdeo e perdeam etc., é a única que aparece no Cancioneiro da Ajuda (véxase 139.7 onde de novo aparece perçades A vs. percades B), fronte a BV, onde esporadicamente se rexistra a raíz perc-. Véxase nota a 54.6.

  • 8

    Similares á sinalefa aen son outras existentes no corpus entre o elemento a (pronome ou preposición) e diversas voces: aei (60.12), aoutre (199.28), aestar (235.29), ael- (1166.r2), aantre (1324.17), ael (1523.11, 1598.20), air (1565.7), aun (1682.3). Cfr. nota a 8.17.

  • 11

    No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <oussasse> neste verso, véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.

  • 11-12

    Eis outro exemplo de tmese métrica no corpus profano, en que o poeta estabelece un corte entre a base verbal dunha forma futura (pospretérito) con pronome mesoclítico, que pasa, xunto coa desinencia, para o verso seguinte. Tal segmentación versal é tamén presente en 14.25-26, 36.6-7, 47.19-20, 219.15-16, 1138.13-14, 1538.15-16 e 1637.10-11. Cfr. notas a 37.18-19, 123.24-25, 482.1-2, 1542.3-4.

  • 16

    Entre as dúas posibilidades de lectura e/ou interpretación do verso, optamos por «mas leixar-me a ir morrer», isto é, ‘senón deixarme ir morrer’; ora ben, a versión dos anteriores editores (mas leixarame ir morrer) tamén é posíbel. Sobre a estrutura verbal leixar + a + infinitivo véxase nota a 36.5.

Search
    No results