419 [= RM 50,1]
A maior coita que eu vi sofrer

A maior coita que eu vi sofrer
d’amor a null’ome, des que naci,
eu mi-a sofro, e, ja que ést’assi,
meus amigos, assi veja prazer,
gradesc’a Deus que me faz a maior
coita do mund’aver por mia sennor.
E ben tenn’eu que faço gran razon
d’a maior coita muit’a Deus gracir,
que m’El dá por mia sennor, que servir
ei mentr’eu viver: mui de coraçon
gradesc’a Deus que me faz a maior
[coita do mund’aver por mia sennor].
E por maior ei eu, per bõa fe,
aquesta coita de quantas fara
Nostro Sennor, e por maior mi-a dá
de quantas fez, e, pois que assi é,
gradesc’a Deus que me faz a maior
[coita do mund’aver por mia sennor],
pois que mi-a fez aver pola mellor
dona de quantas fez Nostro Sennor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 260, B 437, V 49

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 509); Lanciani (1977: 70 [= LPGP 334]); Littera (2016: I, 376-377).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 25); Braga (1878: 10); Carter (2007 [1941]: 152-153); Machado & Machado (1950: II, 264-265); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 419).
III. Antoloxías: Jensen (1992: 122).

Variantes manuscritas


2 null’ome] nullome BV   5 me] mj B : mi V   6 mund’aver] mund(o) auer A : mundo auer BV   7 gran] om. BV   8 muit’] om. BV   16 que] om. BV   17 me] mj B : mi V   19 fez] faz BV

Variantes editoriales


4 amigos] amigus Lanciani   5 me] mi Lanciani, Littera   6 mund’] mundo Lanciani, Littera   8 d’a] da Michaëlis : de Lanciani   11 me] mi Lanciani, Littera   12 mund’] mundo Lanciani, Littera   17 me] mi Lanciani, Littera   18 mund’] mundo Lanciani, Littera   19 fez] faz Lanciani, Littera

Paráfrasis


(I) A maior coita que eu vin sufrir de amor a ningún home, desde que nacín, súfroa eu, e, xa que así é, meus amigos, así vexa pracer, dou grazas a Deus porque me fai ter a maior coita do mundo pola miña señora.

(II) E ben considero eu que fago algo moi razoábel ao agradecer moito a Deus a maior coita, que El me dá pola miña señora, a quen servirei mentres eu viva: moi de corazón dou grazas a Deus porque me fai ter a maior coita do mundo pola miña señora.

(III) E eu considero esta coita, certamente, como a maior de cantas fará Noso Señor; e dáma como a maior de cantas fixo, e, xa que así é, dou grazas a Deus porque me fai ter a maior coita do mundo pola miña señora, (1) porque ma fixo ter pola mellor dona de cantas fixo Noso Señor.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:63)

Encontros vocálicos: 3 mi-‿a; 15 mi-‿a; 19 mi-‿a

Notas


Texto
  • 2

    A utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) de BV para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.

  • 4

    A frase formularia de tipo aseverativo assi veja prazer (tamén literalmente en 79.16, 384.16) presenta a variante con si ~ se en 440.9, 571.9, 778.8, 1060.1, 1198.3, 1624.1 (coa introdución de eu en 416.4) e tamén se vejades prazer (877.12) e mais se prazer vejades (1174.1) con mudanza para a P5.

  • 8

    Non resulta axeitada a representación gráfica da (cfr. de en Lanciani, sen apoio nos manuscritos)  que Michaëlis utiliza para o encontro entre a preposición de e o artigo do sintagma que constitúe o CD pola deslocación sintáctica de elementos. Véxase a orde recta: E ben tenn’eu que faço gran razon / de gracir muit’a Deus a maior coita».

  • 19

    Á inversa da variación que se produce noutras pasaxes (véxase nota a 130.10), neste verso aparece tamén unha diferente opción temporal entre o Cancioneiro da Ajuda, que ofrece a forma verbal de pretérito fez, fronte ao presente (histórico) faz no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e, eventualmente, o da Vaticana (véxase tamén 193.3, 200.17, 307.8, 982.10, 982.24, 995.7 e 13).

Buscar
    Sin resultados