218 [= RM 43,1]
A mellor dona que eu nunca vi

A mellor dona que eu nunca vi,
per bõa fe, nen que oi dizer,
e a que Deus fez mellor parecer,
mia sennor ést’, e sennor das que vi
de mui bon preço e de mui bon sén,
per bõa fe, e de tod’outro ben
de quant’eu nunca d’outra don’oi.
E ben creede de pran que é ‘ssi
e sera ja enquant’ela viver,
e quen a vir e a ben connocer
sei eu de pran que dira que é ‘ssi;
ainda vos de seu ben máis direi:
é muit’amada, pero que non sei
quen na tan muito ame come min.
E por tod’esto mal dia naci
porque lle sei tamanno ben querer
como ll’eu quer’, e vejo-me morrer,
e non a vej’, e mal dia naci;
mais rog’a Deus, que lle tanto ben fez,
que El me guise como algũa vez
a veja ced’, u m’eu dela parti,
con mellor coraçon escontra mí.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 

Manuscritos


A 118, B 234

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 245-246); Spampinato Beretta (1987: 91-93 [= LPGP 289-290]); Littera (2016: I, 319-320).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 100); Carter (2007 [1941]: 72); Marques Braga (1945: 227-228); Machado & Machado (1949: I, 380-381); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 218).
III. Antoloxías: Diogo (1998: 105).

Variantes manuscritas


2 bõa] boa B   4 ést’, e] e B   6 bõa] boa B   7 de quant’eu] aquanteu B; don’oi] dona oy B   8 é ‘ssi] e assi B   11 é ‘ssi] e assi B   12 seu] sen B   14 quen na tan muito ame] q̄na tā muytame B   16 lle sei tamanno] lhi soube tam gram B   17 morrer] moirer B   19 lle] lhi B   20 me guise como algũa] mj guise comalgūa B   21 ced’, u] cedeu B

Variantes editoriales


7 don’oi] dona oy Spampinato Beretta : dona oí Littera   8 é ‘ssi] é si Michaëlis : é ‘si Spampinato Beretta, Littera   11 é ‘ssi] é ‘si Michaëlis : é ‘si Spampinato Beretta, Littera   12 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta   14 quen na] quen’a Littera; min] mi Michaëlis   18 non a] non-na Michaëlis   20 como] com(o) Michaëlis : com’ Spampinato Beretta, Littera   22 mí] min Spampinato Beretta 

Paráfrasis


(I) A mellor dona que eu nunca vin, certamente, nin de quen ouvín falar, e a que Deus fixo máis fermosa, é a miña señora, e é señora das que vin de moi boa fama e de moi bo siso, certamente, e de todo outro ben que eu nunca ouvín atribuír a outra dona.

(II) E crede sen dúbida que é así e será en canto ela viva, e quen a vexa e a coñeza ben sei eu sen dúbida que dirá que é así; aínda vos direi máis do seu ben: é moi amada, aínda que non coñezo quen a ame tanto coma min.

(III) E por todo isto en mal día nacín, porque a sei amar tanto como eu a amo, e véxome morrer e non a vexo, e maldigo o día en que nacín; mais rogo a Deus, que tanto ben lle fixo, que El me dispoña que algunha vez a vexa cedo, onde eu me separei dela, (1) con mellor disposición respecto a min.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10a (= RM 161:27)

Encontros vocálicos: 20 comoalgũa

Notas


Texto
  • *

    Nótese a repetición da palabra rimante nos vv. 1 e 4 de cada estrofa (I vi; II ‘ssi; III naci).

  • 1

    O incipit desta cantiga de Esgaravunha reaparece como derradeiro verso dunha cantiga de Joan da Gaia (1469.21). Véxase Gonçalves (2016 [1992]: 231-232). Cfr. nota a 496 e 1228.

  • 5

    A voz preço (do lat. pretium) mostra unha perfecta equivalencia semántica co provenzalismo prez, que ten a mesma orixe. Cfr. que El i leixe mao prez aver / a quen mal preço vos quer apoer (212.5-6).

  • 6-7

    A lección de B permitiría unha edición alternativa dos v. 6 -7:
                          ..., e de tod’outro ben
            á quant’eu nunca d’outra dona oi.

  • 8

    En B óptase neste caso pola sinalefa éassi en vez da aférese do adverbio modal (tamén no v. 11). Resulta significativo comprobar a existencia da aférese de assi no encontro coa forma verbal é (véxanse tamén 179.30, 246.15, 258.22, 284.16, 374.5, 511.5, 893.23), que convive coa sinalefa éassi (509.7, 808.9, 1110.5, 1224.14, 1569.32; só existe hiato en 754.4) e co xeral ést’assi para evitala, co recurso á variante éste (cfr. nota a 88.10). En calquera caso, non existe unha dupla forma assi / si para o adverbio, senón que ‘ssi é produto dunha aférese.

  • 14

    A construción comparativa de igualdade con mí ~ min (come mí/min) é levemente maioritaria no corpus (42.21, 128.27, 142.19, 218.14, 953.3, 1074.3, 1140.6 e 11), en liña co que acontece no galego moderno, onde só é posíbel coma min, a respecto da estrutura com’eu ~ come eu (43.15, 150.2, 723.20, 978.8, 1074.5 e 1593.r2)No corpus non aparece eu como segundo termo da comparación introducido por ca, feito moi raro na lingua medieval de que achamos escasísimas mostras. Véxase, por exemplo, nun documento de 1324, de Ferreira de Pantón:

    pero si vos Domingo dos Sãõs, meu yrmao, ante morrerdes ca eu, que vos leyxedes o meu livre e quito en paz a min ou a quen eu mande (Fernández de Viana y Vieites 1994: 55).

  • 16

    Véxase como B refai a redacción do verso, optando polo pretérito (soube vs. sei A), coa conseguinte reconversión de tamanno en tan gran para compensar metricamente o verso, con perfecta correspondencia semántica, xa que tamanho procede do lat. tam magnum.

Buscar
    Sin resultados