I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 245-246); Spampinato Beretta (1987: 91-93 [= LPGP 289-290]); Littera (2016: I, 319-320).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 100); Carter (2007 [1941]: 72); Marques Braga (1945: 227-228); Machado & Machado (1949: I, 380-381); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 218).
III. Antoloxías: Diogo (1998: 105).
2 bõa] boa B 4 ést’, e] e B 6 bõa] boa B 7 de quant’eu] aquanteu B; don’oi] dona oy B 8 é ‘ssi] e assi B 11 é ‘ssi] e assi B 12 seu] sen B 14 quen na tan muito ame] q̄na tā muytame B 16 lle sei tamanno] lhi soube tam gram B 17 morrer] moirer B 19 lle] lhi B 20 me guise como algũa] mj guise comalgūa B 21 ced’, u] cedeu B
7 don’oi] dona oy Spampinato Beretta : dona oí Littera 8 é ‘ssi] é si Michaëlis : é ‘si Spampinato Beretta, Littera 11 é ‘ssi] é ‘si Michaëlis : é ‘si Spampinato Beretta, Littera 12 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 14 quen na] quen’a Littera; min] mi Michaëlis 18 non a] non-na Michaëlis 20 como] com(o) Michaëlis : com’ Spampinato Beretta, Littera 22 mí] min Spampinato Beretta
(I) A mellor dona que eu nunca vin, certamente, nin de quen ouvín falar, e a que Deus fixo máis fermosa, é a miña señora, e é señora das que vin de moi boa fama e de moi bo siso, certamente, e de todo outro ben que eu nunca ouvín atribuír a outra dona.
(II) E crede sen dúbida que é así e será en canto ela viva, e quen a vexa e a coñeza ben sei eu sen dúbida que dirá que é así; aínda vos direi máis do seu ben: é moi amada, aínda que non coñezo quen a ame tanto coma min.
(III) E por todo isto en mal día nacín, porque a sei amar tanto como eu a amo, e véxome morrer e non a vexo, e maldigo o día en que nacín; mais rogo a Deus, que tanto ben lle fixo, que El me dispoña que algunha vez a vexa cedo, onde eu me separei dela, (1) con mellor disposición respecto a min.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10a (= RM 161:27)
Encontros vocálicos: 20 como‿algũa
Nótese a repetición da palabra rimante nos vv. 1 e 4 de cada estrofa (I vi; II ‘ssi; III naci).
A voz preço (do lat. pretium) mostra unha perfecta equivalencia semántica co provenzalismo prez, que ten a mesma orixe. Cfr. que El i leixe mao prez aver / a quen mal preço vos quer apoer (212.5-6).
A lección de B permitiría unha edición alternativa dos v. 6 -7:
..., e de tod’outro ben
á quant’eu nunca d’outra dona oi.
En B óptase neste caso pola sinalefa é‿assi en vez da aférese do adverbio modal (tamén no v. 11). Resulta significativo comprobar a existencia da aférese de assi no encontro coa forma verbal é (véxanse tamén 179.30, 246.15, 258.22, 284.16, 374.5, 511.5, 893.23), que convive coa sinalefa é‿assi (509.7, 808.9, 1110.5, 1224.14, 1569.32; só existe hiato en 754.4) e co xeral ést’assi para evitala, co recurso á variante éste (cfr. nota a 88.10). En calquera caso, non existe unha dupla forma assi / si para o adverbio, senón que ‘ssi é produto dunha aférese.
A construción comparativa de igualdade con mí ~ min (come mí/min) é levemente maioritaria no corpus (42.21, 128.27, 142.19, 218.14, 953.3, 1074.3, 1140.6 e 11), en liña co que acontece no galego moderno, onde só é posíbel coma min, a respecto da estrutura com’eu ~ come eu (43.15, 150.2, 723.20, 978.8, 1074.5 e 1593.r2). No corpus non aparece eu como segundo termo da comparación introducido por ca, feito moi raro na lingua medieval de que achamos escasísimas mostras. Véxase, por exemplo, nun documento de 1324, de Ferreira de Pantón:
pero si vos Domingo dos Sãõs, meu yrmao, ante morrerdes ca eu, que vos leyxedes o meu livre e quito en paz a min ou a quen eu mande (Fernández de Viana y Vieites 1994: 55).
Véxase como B refai a redacción do verso, optando polo pretérito (soube vs. sei A), coa conseguinte reconversión de tamanno en tan gran para compensar metricamente o verso, con perfecta correspondencia semántica, xa que tamanho procede do lat. tam magnum.