521 [= RM 25,5]
A mia senhor, que eu por mal de mí

A mia senhor, que eu por mal de mí
vi e por mal daquestes olhos meus,
e por que muitas vezes maldezi
mí e o mund’e muitas vezes Deus,
des que a non vi non er vi pesar
d’al, ca nunca me d’al pudi nembrar.
A que mi faz querer mal mí medês
e quantos amigos soia aver
e de[s]asperar de Deus, que mi pes,
pero mi tod’este mal faz sofrer,
des que a non vi non ar vi pesar
[d’al, ca nunca me d’al pudi nembrar].
A por que mi quer este coraçon
sair de seu logar e por que ja
moir’e perdi o sén e a razon,
pero m’este mal fez e máis fara,
des que a non [vi non ar vi pesar
d’al, ca nunca me d’al pudi nembrar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 523, V 106

Edições


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 31 [= LPGP 177-178]); Nunes (1972 [1932]: 109-110); Eirín (2015: 120); Littera (2016: I, 180).
II. Outras edicións: Moura (1847: 40-41); Monaci (1875: 47); Braga (1878: 22); Machado & Machado (1952: III, 62); Júdice (1997: 102); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 36); Torres (1977: 235); Arias Freixedo (2003: 373-374).

Variantes manuscritas


8 quantos] quanto V   9 de[s]asperar] deasperar B : desꝑar V   11 non] n̄ BV

Variantes editoriais


8 quantos amigos] quanto amigo Lang; soia] soy(a) Nunes   11 non] om. Nunes; ar] er Nunes   17 non] om. Nunes; ar] er Nunes

Paráfrase


(I) A miña señora, que eu vin por mal de min e destes ollos meus, e por quen moitas veces me maldixen a min e ao mundo e a Deus, desde que a non vin non vin tampouco pesar de ningunha outra cousa, pois non me puiden lembrar de ningunha outra cousa.

(II) A que me fai querer mal a min mesmo e a cantos amigos tiña e desesperar de Deus, o que me pesa, aínda que me fai sufrir todo este mal, desde que a non vin non vin tampouco pesar de ningunha outra cousa, pois non me puiden lembrar de ningunha outra cousa.

(III) Aquela por quen me quere este corazón saír do peito e por quen xa morro e perdín o siso e a razón, aínda que este mal me fixo e máis me fará, desde que a non vin non vin tampouco pesar de ningunha outra cousa, pois non me puiden lembrar de ningunha outra cousa.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= RM 99:5)

Encontros vocálicos: 8 so·i·aaver

Notas


Texto
  • 3

    En maldezi percíbese unha conxugación regularizada de maldizer (cf. maldisse en 621.15 e 1497.35), para alén da presenza da mesma disimilación vocálica que se rexistra por veces en dezia (véxase nota a 1.12).

  • 4

    O pronome (tamén no v. 7), como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 5

    Nótese máis outra variación lingüística no refrán entre er (I) e ar (II-III), que foi nivelada en Nunes en prol da primeira forma. Véxase nota a 27.4.

  • 7

    Medês é un escasamente utilizado pronome indefinido equivalente a ‘mesmo’ (< metĭpse), que só aparece utilizado por Don Denis na poesía profana (e sigo medês falava, 517.3). Porén, existen catro rexistros nas Cantigas de Santa Maria (CSM 63.82, 245.95, 292.103, 313.71, véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. medes), así como numerosas atestacións noutras obras, a teor dos datos recollidos nalgún banco de datos, como Leal Conselheiro, Livro de Ensinança de bem cavalgar toda sela, Livro das Aves ou Crónica Geral de Espanha de 1344 (véxase CdP, s.v. medês). É de notar, neste sentido, a altísima frecuencia desta forma pronominal na tradución portuguesa da Confessio Amantis (Faccon 2012: 307, 313, 314, 315, 320, 324, 326, 330, 338, 339, 340, 341, 342, 344, 351,360,364, 365, 372...). Véxase, tamén, Machado Filho (2013: s.v.).

  • 11

    A omisión de non no primeiro verso do refrán das estrofas II (v. 11) e III (v. 17) por parte de Nunes debe ser produto dunha gralla. Ademais, nótese a abreviatura <ñ> para non, que só volve aparecer en BV en 509.6, mais que V presenta en 544.6, 857.13 e 1447.10 (<ũ> = <ñ>). No Cancioneiro da Ajuda é certamente rara a súa aparición, que só localizamos na abreviación de non no refrán da derradeira estrofa de A 75 (164.24) e mais en A 114 (214.13).

Procurar
    Não foram encontrados resultados