353 [= RM 44,1]
A mia sennor atanto lle farei

A mia sennor atanto lle farei:
quero-ll’eu ja sofrer tod’outro mal
que me faça; pero direi-vos al,
de pran aquesto lle non sofrerei:
d’eu estar muito que a non veja.
Sofrer quero de nunca lle dizer
qual ben lle quero no meu coraçon,
pero m’é grave, se Deus me perdon;
mais, de pran, esto non posso sofrer:
d’eu estar muito que a non veja.
E sofrer-ll’-ei quanta coita me dá,
e quant’afan outro mi aver fezer,
e ela faça i como quiser;
mas, de pran, esto non sofrerei ja:
d’eu estar muito que a non veja,
ca non posso que morto non seja.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 

Manuscrits


A 217, B 384

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 420 [= LPGP 300]); Littera (2016: I, 332); Bruno (2022: 81-82).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 141); Carter (2007 [1941]: 127); Machado & Machado (1950: II, 170); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 353).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 21-22); Fernández Pousa (1951: 39); Piccolo (1951: 46-47); Nunes (1959: 246).

Variants manuscrites


1 A] A(y) A; lle] lhi B   3 me faça] mi faca B; vos] uus A   4 lle] lhi B   5 d’eu] eu A   6 lle] lhi B   7 qual ben lhe quero no meu coraçon] Que bēlhi q̄rono merocoracō B   8 me] mi B  9 mais] maix B; sofrer] om. B   12 outro] out’m B   13 faça] faza B   14 mas] maix B   16 Ca non] [    ] B

Variants editorials


3 vos] vus Michaëlis

Paràfrasi


(I) Á miña señora fareille isto: quérolle soportar xa calquera outro mal que me faga; mais direivos outra cousa, sen dúbida isto non llo soportarei: estar eu moito (tempo) sen a ver.

(II) Quero soportar non dicirlle nunca o moito que a amo no meu corazón, aínda que me é difícil, así Deus me perdoe; mais, sen dúbida, isto non o podo soportar: estar eu moito (tempo) sen a ver.

(III) E soportareille toda canta coita me dá, e calquera outro afán que me faga ter, e ela faga a respecto diso como queira; mais, sen dúbida, isto xa non o soportarei: estar eu moito (tempo) sen a ver, (1) pois eu non podo (estar así) sen morrer.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 9’C + 9’c (= RM 155:13)

Encontros vocálicos: 12 miaver

Notes


Text
  • 9

    En face de A, en B rexístrase <maix> (tamén no v. 14), con aparente palatalización de -s implosivo (final) que constitúe unha rareza nos cancioneiros (véxase nota a 18.8).

  • 12

    A variante de B (outren) indica que o Cancioneiro da Biblioteca Nacional interpretou outro como outren (isto é, ‘outro home’), talvez polo hipérbato provocado pola posposición do indefinido outro (quant’afan outro = quant’outro afan.

    A posposición ao substantivo dos determinantes demostrativos, indefinidos etc. que se rexistra no sintagma afan outro é rara na lingua antiga (e moderna); no corpus trobadoresco tamén son utilizados outros como consell’outro (138.31, 241.9), mal outro (379.10), comendadores estes (1430.18), pescad'outro (1665.18). Na produción prosística medieval tamén se achan esporadicamente posposicións iguais ou similares. Eis algunhas mostras:

    et com̃o gaanara a nobre çidade de Ualença et outros castelos muytos (...) et durou bẽ quatro ãnos que fezo cantar missas muytas (...) Et estaua y Abiabis cõ duzentos caualeyros et outra gente muyta (trad. galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España; Lorenzo 1975: I, 642, 668, 740).

    et fez ella os panos menores ante queos omẽ do mũdo fezesse nẽ outro algũ (trad. galega da General Estoria; Martínez López 1963: 159).

    Ca sabede, (...), que el rrey Príamos auj́a trijnta et tres fillos outros (Crónica Troiana; Lorenzo 1985: 230).

    havia dous irmãos outros (...) e era compadre d'el rei d'Aragom e seu amigo muito (...) E teve outras terras muitas (Livro de Linhagens do Conde D. Pedro; Mattoso 1980: I, 81, 151 e 163).

    Outros algũus er diziam que, (...), que elles receberõ ella e seu filho por senhores de Castella (Crónica Geral de Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: IV, 364).

    e foi assi que lhe deu elRei Alva de Tormes, e Reall de Maçanalles, e logares outros (...) passariam de trezemtas lamças afora homeẽs de pee e beesteiros poucos (Crónica de D. João I; Fernão Lopes 1994: I, 106 e 300).

    com quatro Reis outros, e imfijmda mourama uijnha comtra elle (Crónica de D. Afonso Henriques; Duarte Galvão (1995: 49).

    não pode ser entrar nella pessoa outra alguã, que não pode entrar no mosteiro (doc. 1583; Gomes 1998: 448).

  • 14

    Nótese como, a partir de A como texto prioritario, nesta cantiga, como noutras, conviven as variantes mais ~ mas da conxunción adversativa.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat